Luís Otero Pimentel
A Campaña de Caprecórneca é un libro moi entretido no cal nos achegamos a diversas fantasías soñadas por un mozo que, estando perdido, e grazas a súa emerxente imaginación, comeza a soñar con mundos irreais e seres imaxinarios.
Sen embargo, e a pesar das grandes fantasías contidas neste libro, só as utiliza coma unha forma de achegarnos a diferentes ambitos reais, xa que ten un transfondo de crítica cara diversos sistemas de organización dentro da sociedade, como son as diferencias sociais, a discriminación de sexos, as “desorganizadas” organizacións políticas,… Tamén critica moitos valores que se degradaron na sociedade actual como pode ser a falta de credibilidade con respecto a palabra dos homes.
En conclusión, este libro preséntanos unha idealización ou unha utopía de cómo o autor querería que estivese a sociedade en comparación có estado no que se atopa.
